Sony Xperia E1 - Transferir contido de vídeo ao seu dispositivo

background image

Transferir contido de vídeo ao seu dispositivo

Antes de comezar a usar a aplicación Movies, é recomendable que transfira películas,

programas de televisión e outros contidos de vídeo dende outros dispositivos (por

exemplo, un ordenador) ao se dispositivo. Hai varios xeitos de transferir o seu contido:

Só para Windows

®

: Conecte o dispositivo a un ordenador cun cable USB e arrastre e

solte os ficheiros de vídeo mediante a aplicación de xestión de ficheiros do ordenador

directamente. Consulte

Xestión de ficheiros co ordenador na páxina 91 .

Se ten un PC ou un ordenador Apple

®

Mac

®

, use o software Xperia™ Companion para

organizar o contido e transferir ficheiros de vídeo ao seu dispositivo.