Por que necesito unha conta de Google™?
O seu dispositivo Xperia™ de Sony funciona coa plataforma Android™ desenvolvida por
Google™. Hai unha ampla gama de aplicacións e servizos de Google™ dispoñibles no
seu dispositivo cando o adquire, por exemplo, Gmail™, Google Maps™, YouTube™ e a
aplicación Play Store™, que lle ofrece acceso á tenda en liña Google Play™ para
descargar aplicacións Android™. Para aproveitar ao máximo estes servizos, necesita
unha conta de Google™. Por exemplo, é obrigatorio dispoñer dunha conta de Google™
se desexa:
•
Descargar e instalar aplicacións de Google Play™.
•
Sincronizar o correo electrónico, contactos e o calendario con Gmail™.
•
Conversar con amigos coa aplicación Hangouts™.
•
Sincronizar o seu historial de navegación e favoritos co navegador web Google
Chrome™.
•
Identifíquese como usuario autorizado despois de reparar o software con Xperia™
Companion.
•
Buscar, bloquear ou borrar un dispositivo perdido ou roubado de xeito remoto cos
servizos de my Xperia™ ou Administrador de dispositivos Android™.
Para obter máis información sobre Android™ e Google™, vaia a
http://support.google.com.
É moi importante que lembre o nome de usuario e o contrasinal da súa conta de Google™.
Nalgunhas situacións, é posible que teña que identificarse por motivos de seguridade coa súa
conta de Google™. Se non proporciona o nome de usuario e o contrasinal da súa conta de
Google™ nesas situacións, bloquearase o seu dispositivo. Ademais, se ten máis dunha conta
de Google™, asegúrese de inserir os detalles da conta correspondente.
Para configurar unha conta de Google™ no dispositivo
1
Desde a Pantalla de inicio, pulse .
2
Localice e pulse
Axustes > Engadir conta > Google.
3
Siga as instrucións do asistente de rexistro para crear unha conta de Google™ ou
inicie a sesión se xa dispón dunha.
Tamén pode iniciar a sesión ou crear unha conta de Google™ desde o asistente de
configuración cando acende o seu dispositivo por primeira vez. Ou tamén pode crear unha
conta en liña en
www.google.com/accounts
.