Acender o dispositivo por primeira vez
A primeira vez que acende o dispositivo, ábrese unha guía de configuración para
axudarlle a configurar os axustes básicos, iniciar sesión en algunhas contas e
personalizar o dispositivo. Por exemplo, se dispón dunha conta de Sony Entertainment
Network, pode iniciar a sesión nela e configurala inmediatamente. E pode descargar os
axustes da Internet de do Wi-Fi®.
Tamén pode acceder máis tarde á guía de configuración desde o menú de axustes.
Acender o dispositivo
1
Pulse e manteña a tecla de acendido ata que a luz de notificacións escintile
unha vez.
2
Introduza o PIN da súa tarxeta SIM cando lle sexa requirido e logo pulse
.
3
Agarde durante un intre mentres o dispositivo se inicia.
Para desactivar o dispositivo
1
Manteña premida a tecla de acendido ata que se abra o menú de opcións.
2
No menú de opcións pulse
Apagar.
3
Pulse
Aceptar.
O dispositivo pode tardar un anaco en apagarse.
8
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.