Sony Xperia E1 - Información legal

background image

Información legal

Sony D2004/D2005

Esta guía do usuario está publicada por Sony Mobile Communications AB ou a súa empresa local asociada, e non

ofrece ningún tipo de garantía. Sony Mobile Communications AB pode levar a cabo melloras e cambios nesta guía

do usuario en calquera momento e sen previo aviso debido a erros tipográficos, inexactitudes na información

presentada ou melloras nos programas e/ou equipos. Non obstante, os cambios serán incorporados en novas

edicións desta guía do usuario.
©Sony Mobile Communications AB, 2013.
O seu dispositivo móbil ten a capacidade de descargar, almacenar e reenviar contido adicional como, por

exemplo, tons de chamada. O uso dese contido pode estar restrinxido ou prohibido por dereitos de terceiras

partes, incluída, pero sen limitarse a ela, a restrición de acordo coas leis de dereitos de autor aplicables. Vostede, e

non Sony, será o responsable dos contidos adicionais descargados ou reenviados desde o seu dispositivo móbil.

Antes de utilizar calquera contido adicional, verifique que o uso que ten previsto efectuar está autorizado ou que

dispón de licenza para este. Sony non garante a precisión, integridade ou calidade dos contidos adicionais ou de

terceiras partes. Sony non se fará responsable baixo ningunha circunstancia do uso non axeitado de contido

adicional ou de terceiras partes.
Esta guía do usuario pode facer referencia a aplicacións ou servizos fornecidos por terceiras partes. O uso destes

programas ou servizos pode requirir un rexistro independente co provedor que constitúe a terceira parte e pode

estar suxeito a termos de uso adicionais. Con relación ás aplicacións ás que se accede directamente nunha páxina

web de terceiros ou por medio dela, consulte previamente os termos de uso e a política de privacidade do sitio

web en cuestión. Sony non garante a dispoñibilidade nin o funcionamento de ningún sitio web de terceiras partes

nin dos servizos fornecidos.
Sony é unha marca comercial de Sony Corporation. Android é unha marca comercial de Google Inc. Todos os

nomes de produtos e empresas aquí mencionados son marcas comerciais ou marcas comerciais rexistradas dos

seus respectivos propietarios. Os dereitos non concedidos de xeito expreso neste manual están reservados. Visite

www.sonymobile.com para obter máis información.
As ilustracións que figuran no manual só serven para ilustrar o modelo e pode que non describan con precisión o

aspecto real do dispositivo.
Este produto está protexido por determinados dereitos de propiedade intelectual de Microsoft. Queda prohibido o

uso ou distribución da mencionada tecnoloxía fóra deste produto sen licenza previa por parte de Microsoft.
Os propietarios do contido utilizan a tecnoloxía de xestión de dereitos dixitais de Windows Media (WMDRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza software WMDRM para

acceder a contido protexido mediante WMDRM. Se o software WMDRM non logra protexer o contido, os

propietarios do contido poden pedirlle a Microsoft que revogue a capacidade do software para utilizar WMDRM

para reproducir ou copiar contido protexido. A revogación non afecta a contido non protexido. Cando descarga

licenzas do contido protexido, acepta que Microsoft pode incluír unha lista de revogacións coas licenzas. É posible

que os propietarios do contido requiran que actualice o WMDRM para acceder ao seu contido. Se rexeita unha

actualización, non poderá acceder ao contido que require a actualización.
Este produto autorízase baixo as licenzas da carteira de patentes MPEG-4 visual e AVC para uso persoal e non

comercial dun consumidor para (i) codificar vídeo de acordo co estándar visual MPEG-4 ("vídeo MPEG-4") ou o

estándar AVC ("vídeo AVC") ou (ii) descodificar vídeo de formato MPEG- 4 ou AVC codificado por un consumidor

nunha actividade persoal e non comercial ou que se obtivo dun fornecedor de vídeos con licenza de MPEG LA

para fornecer vídeo MPEG-4 ou AVC. Non se concede ningunha licenza nin debe interpretarse implícita para

calquera outro uso. Pódese obter información adicional, incluíndo a relacionada con usos publicitarios, internos,

comerciais e de licenza, de MPEG LA, L.L.C. Consulte http://www.mpegla.com. Tecnoloxía para descodificar son

MPEG Layer-3 con licenza de Fraunhofer IIS e Thomson.
SONY MOBILE NON SERÁ RESPONSABLE POR CALQUERA PERDA, BORRADO E/OU SOBRESCRITURA DE

DATOS PERSOAIS OU DOS FICHEIROS ALMACENADOS NO TELÉFONO (INCLUÍNDO, ENTRE OUTROS, OS

CONTACTOS, AS PISTAS DE MÚSICA E AS FOTOS) DERIVADOS DE CALQUERA ACTUALIZACIÓN DO SEU

DISPOSITIVO POR CALQUERA DOS MÉTODOS DESCRITOS NESTA GUÍA DO USUARIO, ASÍ COMO OS

110

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

DERIVADOS DO USO DE CALQUERA DAS INDICACIÓNS E CONSELLOS PROPORCIONADOS BAIXO AS

SUBSECCIÓNS “MÉTODOS PARA TRANSFERIR CONTACTOS” E “ALMACENAMENTO DE DATOS” DESTE

DOCUMENTO. EN NINGÚN CASO A RESPONSABILIDADE TOTAL DE SONY MOBILE OU DOS SEUS

FORNECEDORES CARA A VOSTEDE POR CALQUERA OU TODOS OS DANOS, PERDAS E CAUSAS DE

ACCIÓN (XA SEXA BAIXO CONTRATO OU AGRAVIO, INCLUÍNDO, ENTRE OUTROS, A NEGLIXENCIA DE

CALQUERA TIPO) EXCEDERÁ A CANTIDADE PAGADA POR VOSTEDE POLO DISPOSITIVO.

111

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.