Sony Xperia E1 - Menú da pantalla de inicio de Álbum

background image

Menú da pantalla de inicio de Álbum

No menú da pantalla de inicio de Álbum pode examinar todos os álbums de fotos,

incluídos os álbums de fotos e vídeos feitos coa cámara, así como o contido que

comparte en liña a través de servizos como PlayMemories, Picasa™ e Facebook. Unha

vez iniciada a sesión nestes servizos, pode xestionar contido, facer comentarios en fotos

e vídeos e ver os comentarios de amigos. Desde a aplicación Álbum, tamén pode

engadir xeoetiquetas a fotos, realizar tarefas básicas de edición e usar métodos como a

tecnoloxía sen fíos Bluetooth® e correo electrónico para compartir contido.

1

Ver fotos e vídeos co servizo PlayMemories Online

2

Volver á pantalla de inicio de Álbum

3

Ver todas as fotos e vídeos sacados coa cámara do dispositivo

4

Ver todas as fotos e vídeos gardados nos diferentes cartafoles do dispositivo

5

Ver as fotos e os vídeos favoritos

6

Ver as fotos nun mapa ou no modo globo

7

Ver fotos e vídeos en Facebook™

8

Ver fotos e vídeos en Picasa™

O servizo PlayMemories Online non está dispoñible en todos os países ou rexións.

Para ver e engadir comentarios a contido dun álbum en liña

1

Cando estea a ver unha foto dun álbum en liña, pulse a pantalla para ver as

barras de ferramentas e logo pulse para ver os comentarios.

2

Introduza os seus comentarios no campo de entrada e logo pulse

Publicar.

Para marcar "Gústame" unha foto ou un vídeo en Facebook™

Mentres está a ver unha foto ou un vídeo desde un dos seus álbums de

Facebook™, pulse a pantalla para que se amosen as barras de ferramentas,

despois pulse para marcar "Gústame" o elemento en

Facebook™.