Sony Xperia E1 - Compartir e xestionar fotos e vídeos

background image

Compartir e xestionar fotos e vídeos

Pode compartir fotos e vídeos que xa ten almacenados no dispositivo. Tamén pode

xestionalos de diferentes xeitos. Por exemplo, pode traballar con fotos en lotes, eliminar

fotos e ligalas aos contactos.

É posible que non poida copiar, enviar ou transferir elementos protexidos mediante dereitos

de autor. Tamén é posible que non se envíen algúns elementos se o ficheiro é demasiado

grande.

Para compartir unha foto ou un vídeo

1

En Álbum, localice e pulse a foto ou o vídeo que desexe compartir.

2

Pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas, logo pulse .

3

Pulse na aplicación que desexe usar para compartir a foto e logo siga os pasos

para enviala.

Para utilizar unha foto como imaxe dun contacto

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas

e logo pulse >

Usar como > Imaxe de contacto.

2

Se se lle solicita, seleccione

Contactos > Só unha vez, e logo seleccione un

contacto.

Para usar unha foto como fondo

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas

e logo pulse >

Usar como > Fondo.

2

Siga as instrucións en pantalla.

Para xirar unha foto

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de ferramentase

logo pulse .

2

Seleccione

Xirar. A foto gárdase coa nova orientación.

Para eliminar unha foto ou un vídeo

1

Cando estea a ver unha foto, pulse na pantalla para ver as barras de ferramentas

e logo pulse .

2

Pulse

Eliminar.

82

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para traballar con lotes de fotos e vídeos no Álbum

1

Cando estea a ver miniaturas de fotos e vídeos no Álbum, pulse e logo pulse

Seleccionar elementos.

2

Pulse os elementos cos que desexa traballar. Os elementos seleccionados

aparecen indicados cun marco azul.

3

Use as ferramentas da barra de ferramentas para traballar cos elementos que

seleccionou.

Para activar o modo de selección, tamén pode tocar e manter un elemento ata que o marco

se torne azul. Tamén pode pulsar outros elementos para seleccionalos.