Sony Xperia E1 - Xestión de ficheiros co ordenador

background image

Xestión de ficheiros co ordenador

Use unha conexión con cable USB entre un ordenador Windows

®

e o dispositivo para

transferir e xestionar os seus ficheiros. Cando os dous dispositivos estean conectados,

pode arrastrar e soltar contido entre o dispositivo e o ordenador (ou entre o

almacenamento interno do dispositivo e a tarxeta SD) mediante o explorador de ficheiros

do ordenador.

Se ten un PC ou un ordenador Apple

®

Mac

®

, pode usar Xperia™ Companion para

acceder ao sistema de ficheiros do seu dispositivo.

Xestión de ficheiros sen fíos cun ordenador

A conexión

Wi-Fi® permítelle transferir ficheiros entre o seu dispositivo e outros

dispositivos compatibles con MTP (Multimedia Transfer Protocol, Protocolo de

91

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Transferencia Multimedia) como, por exemplo, un ordenador. Antes de establecer a

conexión, primeiro cómpre asociar os dous dispositivos.

Para poder usar esta característica, cómpre ter un equipo que dispoña da función

Wi-Fi® e

que admita a transferencia multimedia; por exemplo, un ordenador que execute Microsoft

®

Windows Vista

®

ou Windows

®

7.

Preparar o uso do dispositivo sen fíos cun ordenador

1

Asegúrese de que o modo de transferencia multimedia estea activado no

dispositivo. Normalmente está activado de xeito predeterminado.

2

Conecte o dispositivo ao ordenador usando un cable USB.

3

Ordenador: Cando o nome do dispositivo apareza na pantalla, faga clic en

Configuración de rede e siga as instrucións para asociar o ordenador e o seu

dispositivo.

4

Cando remate, desconecte o cable USB en ambos os dous dispositivos.

Conectarse sen fíos a un dispositivo asociado

1

Asegúrese de que o modo de transferencia multimedia estea activado no

dispositivo. Normalmente está activado de xeito predeterminado.

2

Asegúrese de que a función Wi-Fi

®

estea activada.

3

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

4

Localice e pulse

Axustes > Conectividade Xperia™ > Conectividade USB.

5

En

Transferencia multimedia sen fíos, seleccione o dispositivo asociado que

queira conectar.

6

Pulse

Conectar.

Desconectarse dun dispositivo asociado

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Conectividade Xperia™ > Conectividade USB.

3

En

Transferencia multimedia sen fíos, seleccione o dispositivo asociado do que

se queira desconectar.

4

Pulse

Desconectar.

Eliminar unha asociación con outro dispositivo

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Conectividade Xperia™ > Conectividade USB.

3

Seleccione o dispositivo asociado que queira eliminar.

4

Pulse

Eliminar.