Axustes da cámara fotográfica
Para axustar a configuración da cámara fixa
1
Active a cámara.
2
Para ver todos os axustes, pulse .
3
Seleccione o axuste que queira definir e logo edíteo como desexe.
Descrición xeral dos axustes da cámara fixa
Resolución
Seleccione entre varias resolucións e formatos antes de tirar unha foto. As fotos cunha
maior resolución ocupan máis memoria.
76
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
3MP
2048×1536(4:3)
Resolución de 3 megapíxeles cun formato de 4:3. Axeitado para ver fotos en pantallas que non son anchas
ou para imprimilas en alta resolución.
2MP
1920×1080(16:9)
Resolución de 2 megapíxeles cun formato de 16:9. Axeitado para ver fotos en pantallas anchas.
1MP
1280×720(16:9)
Resolución de 1 megapíxeles cun formato de 16:9. Axeitado para ver fotos en pantallas anchas.
WVGA
800×600(4:3)
WVGA con formato 4:3. 800x600 píxeles.
VGA
640×480(4:3)
VGA con formato 4:3. 640x480 píxeles.
Este axuste só está dispoñible no
Manual modo de captura.
Disparador automático
Co temporizador pódense sacar fotos sen necesidade de suxeitar o dispositivo. Use
esta función para facer autorretratos ou fotos de grupo nas que todos desexen saír na
foto. Tamén pode utilizar o disparador automático para evitar mover a cámara ao facer
fotos.
Activado (10 s.)
Establécese unha demora de 10 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata que
se tira a foto.
Activado (2 s.)
Establécese unha demora de 2 segundos desde o momento en que se pulsa a pantalla da cámara ata que
se tira a foto.
Desactivado
A foto tírase en canto se pulsa a pantalla da cámara.
Smile Shutter™
Use a función Smile Shutter™ para determinar con que tipo de sorriso reacciona a
cámara antes de tirar unha foto.
Modo de enfoque
A función de enfoque controla que parte dunha foto debe aparecer nítida. Cando o
enfoque automático continuo está activado, a cámara segue a axustar o enfoque de
xeito que a área interior do marco de enfoque de cor permanece nítida.
Enfoq. autom. puntual
A cámara enfoca de xeito automático o suxeito seleccionado. O enfoque automático continuo está activado.
Toque e manteña na pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se volva azul, o que quere
dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Detección de caras
A cámara detecta de xeito automático ata cinco caras humanas, indicadas con marcos na pantalla. A
cámara enfoca de xeito automático a cara máis próxima. Tamén pode seleccionar que cara desexa enfocar
pulsando sobre ela na pantalla. Cando pulsa a pantalla da cámara, aparece un marco azul que amosa a cara
que está a ser enfocada. A detección de caras non pode usarse con todos os tipos de escenas. O enfoque
automático continuo está activado.
Enfoque táctil
Toque unha zona concreta da pantalla da cámara para axustar a zona de enfoque. O enfoque automático
continuo está desactivado. Toque e manteña na pantalla da cámara ata que o marco amarelo de enfoque se
volva azul, o que quere dicir que o enfoque está axustado. A foto tírase cando se levanta o dedo.
Seguimento de obxecto
77
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.
Cando selecciona un obxecto tocándoo no visor, a cámara ségueo por vostede.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Medición
Esta función determina de xeito automático unha exposición equilibrada ao medir a
cantidade de luz que chegará á imaxe que quere capturar.
Central
Axusta a exposición no centro da imaxe.
Compensada
Calcula a exposición baseada na cantidade de luz de toda a imaxe.
Puntual
Axusta a exposición nunha pequena parte da imaxe que quere capturar.
Este axuste só está dispoñible no modo de captura
Manual.
Previsualizar
Pode previsualizar fotos ou vídeos mesmo despois de sacalos.
Ilimitado
A previsualización da foto ou do vídeo aparece despois de sacalo.
5 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 5 segundos despois de sacalo.
3 segundos
A previsualización da foto ou do vídeo aparece durante 3 segundos despois de sacalo.
Editar
A foto ou o vídeo ábrese para a súa edición despois de sacalo.
Desactivado
A foto ou o vídeo gárdase despois de sacalo e non aparece ningunha previsualización.
Rexistro de caras
Pode rexistrar caras coa aplicación Cámara para que o visor focalice automaticamente
esas caras cando aparecen no visor.
Flash
Use o flash para sacar fotos cando as condicións de iluminación sexan pobres ou haxa
luz de fondo. Cando pulsa na icona de flash están dispoñibles as seguintes opcións
na pantalla da cámara:
Auto
A cámara determina de xeito automático se as condicións de iluminación precisan do uso dun flash.
Flash de recheo
Use este axuste cando o fondo teña máis brillo que o suxeito. Isto elimina as sombras non desexadas.
Reduc. ollos vermellos
Reduce a cor vermella dos ollos ao sacar unha foto.
Desactivado
O flash está desactivado. Ás veces a calidade da foto é mellor sen o flash, mesmo en condicións de
pouca iluminación. Para sacar unha boa foto sen utilizar o flash, cómpre dispoñer dunha man firme.
Use o temporizador para evitar sacar fotos borrosas.
Lanterna
Unha lanterna ou luz da cámara actívase ao sacar fotos.
78
Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.