Sony Xperia E1 - Copia de seguridade e restablecemento do contido

background image

Copia de seguridade e restablecemento do contido

Polo xeral, non debería gardar fotos, vídeos nin ningún outro contido persoal só na

memoria interna do dispositivo. Se lle ocorre algo ao hardware ou se o dispositivo se

perde ou o rouban, os datos gardados na súa memoria interna perderanse para sempre.

É recomendable usar o software Xperia™ Companion para efectuar copias de

seguridade nas que se garden de xeito seguro os seus datos nun ordenador, é dicir, nun

dispositivo externo. Este método é especialmente recomendable se está a actualizar o

software do seu dispositivo a unha nova versión de Android.

106

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Coa aplicación Copia de seguridade e restauración, pode efectuar unha rápida copia de

seguridade dos axustes básicos e os datos coa súa conta de Google™.

É moi importante que lembre o contrasinal establecido cando realiza unha copia de

seguridade de datos. Se esqueceu o contrasinal, é posible que non poida restaurar datos

importantes como contactos e mensaxes.

Realizar unha copia de seguridade dos datos nun ordenador

Use o software Xperia™ Companion para efectuar unha copia de seguridade dos datos
do seu dispositivo nun PC ou nun ordenador

®

Mac

®

de Apple. Pode realizar copias de

seguridade dos seguintes tipos de datos:

Contactos

Calendario

Axustes

Ficheiros multimedia como música e vídeos

Fotos e imaxes

Efectuar unha copia de seguridade dos seus datos mediante un ordenador

1

Asegúrese de que Xperia™ Companion para Windows

( http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion ) ou Xperia™

Companion para Mac OS

( http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion-mac ) estea instalado no
seu PC ou Mac

®

.

2

Conecte o dispositivo ao ordenador cun cable USB.

3

Ordenador: Abra o software Xperia™ Companion, no caso de que non se

executase de xeito automático. Despois duns intres, o ordenador detecta o

dispositivo.

4

Seleccione

Copia de seguridade na pantalla principal.

5

Siga as instrucións da pantalla para efectuar a copia de seguridade do seu

dispositivo.

Para restablecer datos usando un ordenador

1

Asegúrese de que Xperia™ Companion para Windows

( http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion ) ou Xperia™

Companion para Mac OS

( http://support.sonymobile.com/tools/xperia-companion-mac ) estea instalado no
seu PC ou Mac

®

.

2

Conecte o dispositivo ao ordenador cun cable USB.

3

Ordenador: Abra o software Xperia™ Companion, no caso de que non se

executase de xeito automático.

4

Faga clic en

Restaurar.

5

Seleccione un ficheiro de copia de seguridade das gravacións de copia de

seguridade e pulse

Seguinte. Despois siga as instrucións da pantalla para

restablecer os datos no seu dispositivo.

Copia de seguridade coa aplicación Copia de seguridade e

restablecemento

Só pode usar este método para facer unha copia de seguridade ou restablecer contido entre a

mesma versión de software de Android. Non pode usalo para restablecer contido despois

dunha actualización do sistema.

A aplicación Copia de seguridade e restablecemento é recomendable para facer unha

copia de seguridade do contido antes dunha restauración de datos de fábrica. Con esta

aplicación pode facer unha copia de seguridade dos seguintes tipos de datos nunha

tarxeta SD ou nun dispositivo de almacenamento USB externo que conectou por cable

co seu dispositivo:

Marcadores

Rexistros de chamadas

Contactos

107

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Aplicacións descargadas de Google Play™

Mensaxes multimedia

Axustes do sistema (como axustes de alarmas, volume do son e idioma)

Mensaxes de texto

É posible que incorra en custos adicionais de transmisión de datos cando restableza as

aplicacións de Google Play™.

Para facer unha copia de seguridade do contido usando a aplicación Copia de

seguridade e restablecemento

1

Se está a facer unha copia de seguridade do contido nun dispositivo de

almacenamento USB, comprobe se o dispositivo de almacenamento está

conectado ao dispositivo utilizando o cable apropiado. Se está a facer unha copia

de seguridade nunha tarxeta SD, asegúrese de que a tarxeta SD está inserida

correctamente no dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Copia seg. e restablecer.

4

Pulse

Efectuar copia de seguridade e logo seleccione un destino para a copia de

seguridade e os tipos de datos que quere copiar.

5

Pulse

Realizar copia de segur. agora.

6

Introduza un contrasinal para a copia de seguridade e pulse

Aceptar.

Para restablecer contido usando a aplicación Copia de seguridade e restablecemento

1

Se está a restablecer contido desde un dispositivo de almacenamento USB,

comprobe que o dispositivo de almacenamento está conectado ao dispositivo

mediante un cable apropiado. Se está a restablecer contido desde una tarxeta

SD, comprobe que a tarxeta SD está inserida correctamente no dispositivo.

2

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

3

Localice e pulse

Copia seg. e restablecer.

4

Pulse

Restaurar.

5

Seleccione o rexistro que desexa restaurar e logo pulse

Restaurar agora.

6

Introduza un contrasinal para o rexistro de copia de seguridade e logo pulse

Aceptar.

Lembre que calquera cambio nos seus datos e axustes despois de crear unha copia de

seguridade se eliminará durante o procedemento de restablecemento.