Sony Xperia E1 - Batería e xestión da enerxía

background image

Batería e xestión da enerxía

Pode seguir a pista do consumo da batería e ver as aplicacións que precisan máis dela.

Tamén pode ver unha estimación do tempo que lle resta ata que se esgote. O tempo de

batería aproximado está baseado no seu patrón de uso máis recente.
Para facer que a súa batería dure máis, pode usar un ou máis modos de aforro de

batería, entre os que se inclúen o modo STAMINA, o modo de batería baixa, Wi-Fi®

baseado na ubicación e modo de datos nun segundo plano en cola. Cada modo

funciona dun xeito diferente e controla varias funcións de consumo de enerxía do seu

dispositivo.

Para ver que aplicacións usan máis batería

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía > Uso da batería.

Para ver o tempo de batería estimado

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía.

Mellorar o tempo da batería usando o modo STAMINA

O modo STAMINA desconecta as funcións que non precisa cando o seu dispositivo non

está en uso. Por exemplo, o modo STAMINA pode deter a súa conexión Wi-Fi® , tráfico

de datos e algunhas aplicacións que consumen enerxía cando o seu dispositivo está

acendido, pero a pantalla inactiva. Así pode aforrar batería pero aínda pode recibir

chamadas de teléfono, mensaxes de texto y mensaxes multimedia cando entran. Tamén

pode excluir aplicacións concretas para que non se deteñan co modo STAMINA. Cando

activa de novo a pantalla, retómanse todas as funcións de novo.

Activar o modo STAMINA

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía.

3

Arrastre cara a dereita o control desprazable situado a carón de

Modo STAMINA

e despois, en caso de que llo pidan, pulse

Activar. aparece na barra de estado

cando a batería chega a un nivel establecido.

Para seleccionar aplicaciones que se executen en modo STAMINA

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía, despois pulse Modo STAMINA.

3

Engada ou elimine aplicacións, como desexe.

4

Cando remate, pulse

Listo.

Mellorar o tempo da batería usando o modo batería baixa

Use a característica

Modo de batería baixa para iniciar de xeito automático o aforro de

enerxía cando a bagtería chega a determinado nivel de carga. Pode establecer e

reaxustar este nivel de carga como desexe. Tamén pode decidir que funcións manter

activas, por exemplo, tráfico de datos móbiles, Wi-Fi® ou sincronización automática.

104

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Activar o modo de batería baixa

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía.

3

Arrastre á dereita o control desprazable que está a carón de

Modo de batería

baixa.

4

En caso necesario, pulse

Activar. aparece na barra de estado cando a batería

alcanza o nivel de carga que definira.

Cambiar a configuración para o modo de batería baixa

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía.

3

Asegúrese de que

Modo de batería baixa estea activado e despois pulse Modo

de batería baixa.

4

Cambie os axustes para, por exemplo, reaxustar o nivel de batería.

Mellorar o tempo da batería usando Wi-Fi® baseado na ubicación

A característica

Ubicac. bas. en Wi-Fi establece o seu dispositivo para que só active a

función Wi-Fi® cando entra no alcance dunha rede Wi-Fi® gardada. Deste xeito, pode

aforrar batería pero aínda pode ter a comodidade de conexións Wi-Fi® automáticas.

Para activar a característica de Wi-Fi® baseado na ubicación

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía.

3

Arrastre el control desprazable a carón de

Ubicac. bas. en Wi-Fi cara á dereita.

Aumentar a duración da batería poñendo na cola os datos de fondo

O rendemento da batería pódese mellorar se axusta o dispositivo para que envíe datos

de fondo a intervalos predefinidos cando non os estea a usar, é dicir, cando a pantalla

non estea activa.

Para permitir poner en cola datos nun segundo plano

1

Desde a Pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Axustes > Xestión de enerxía.

3

Marque a caixa de verificación á carón de

Pór en cola datos de fondo.