Sony Xperia E1 - Estado e notificacións

background image

Estado e notificacións

As iconas na barra de estado infórmano de eventos como novas mensaxes e

notificacións do calendario, actividades en curso como descargas de ficheiros e

información de estado como o nivel da batería e a cobertura. Pode arrastrar cara abaixo

a barra de estado para abrir o panel Notificacións e xestionar notificacións.

Seleccionar as iconas de sistema que aparecen na barra de estado

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Personalización > Iconas da barra de estado.

3

Seleccione as iconas que quere mostrar.

19

Esta é a versión en liña desta publicación. © Só se pode imprimir para uso persoal.

background image

Para abrir ou pechar o panel de notificacións

Seleccionar as aplicacións que poden enviar notificacións

1

Desde a pantalla de inicio, pulse .

2

Localice e pulse

Configuración > Personalización > Xestionar notificacións.

3

Seleccione as aplicacións que teñen permiso para enviar notificacións.

Para efectuar unha acción sobre unha notificación

Pulse a notificación.

Para descartar unha notificación do panel de notificacións

Poña o dedo sobre unha notificación e toque lixeiramente cara á esquerda ou á

dereita.

Para borrar todas as notificacións do panel de notificacións

Pulse

Borrar.

Luz de notificación

A luz de notificación informa sobre o estado da batería e algúns outros eventos. Por

exemplo, unha luz blanca pestanexando significa que hai unha nova mensaxe ou unha

chamada perdida.